Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
lunes, 20 de abril de 2020
DÍA MUNDIAL DO PLANETA TERRA
O día 22 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA TERRA.
No noso cole facemos actividades ao longo de todo o ano para aprender valorar e coidar os recursos naturais. Horta, xardín, xogos ao aire libre...
Aquí vos deixo unha fermosa reflexión a través do vídeo sobre os acuíferos e a súa importancia para a vida no planeta.Foi realizado polo Instituto de Geólogos e Mineros de España.
Coidemos as augas e valoremos a súa importancia para a vida.
Tamén tendes un enlace para aprender sobre as aves da península Ibérica con moita información escrita e en imaxes.
https://www.faunaiberica.org/categoria?tipo=aves FELIZ DÍA DA TERRA!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario