benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

sábado, 9 de mayo de 2026

DIA DO CÓMIC

 

Este ano conmemoramos o día do cómic cos alumnos da ESO con diferentes actividades: Comezamos cunha charla e obradoiro de ilustración de cómics a cargo de Norberto Fernández, artista de banda deseñada con grande traxectoria profesional. Mostroulle e explicoulle ao alumnado a súa obra e experiencia como ilustrador e tras rematar a charla, realizaron un obradoiro de ilustración de personaxes.  



Por outra parte Joel e Álex, exalumnos do centro, presentaron un xogo de cartas que empezaron a crear cando estaban en 1º de ESO, e estiveron xogando cos alumnos e alumnas interesados/as.