Este ano conmemoramos o día
do cómic cos alumnos da ESO con diferentes actividades: Comezamos cunha charla
e obradoiro de ilustración de cómics a cargo de Norberto Fernández, artista de
banda deseñada con grande traxectoria profesional. Mostroulle e explicoulle ao
alumnado a súa obra e experiencia como ilustrador e tras rematar a charla, realizaron
un obradoiro de ilustración de personaxes.
Por outra parte
Joel e Álex, exalumnos do centro, presentaron un xogo de cartas que empezaron a
crear cando estaban en 1º de ESO, e estiveron xogando cos alumnos e alumnas
interesados/as.

















.jpg)
