benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

domingo, 12 de abril de 2026

23 ABRIL - DIA DO LIBRO

 

Hoxe, para celebrar o Día do Libro, tivemos diferentes actividades: O alumnado de infantil e primaria fixo un mural “SE CHE MARCOU…MARCAO” onde escribiron ou debuxaron algo sobre un libro que lles deixou pegada.  Na hora de ler estiveron acompañados polos alumnos voluntarios da biblioteca da ESO que foron polas clases a ler contos.

Houbo un “Obradoiro de Lettering e creación de marcapáxinas” dirixido por alumnas de 1º ESO.









O alumnado da ESO participou  tamén nun Obradoiro de iniciación ao xogo“.




No hay comentarios:

Publicar un comentario