benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

sábado, 9 de mayo de 2026

DIA DO CÓMIC

 

Este ano conmemoramos o día do cómic cos alumnos da ESO con diferentes actividades: Comezamos cunha charla e obradoiro de ilustración de cómics a cargo de Norberto Fernández, artista de banda deseñada con grande traxectoria profesional. Mostroulle e explicoulle ao alumnado a súa obra e experiencia como ilustrador e tras rematar a charla, realizaron un obradoiro de ilustración de personaxes.  



Por outra parte Joel e Álex, exalumnos do centro, presentaron un xogo de cartas que empezaron a crear cando estaban en 1º de ESO, e estiveron xogando cos alumnos e alumnas interesados/as. 




domingo, 12 de abril de 2026

23 ABRIL - DIA DO LIBRO

 

Hoxe, para celebrar o Día do Libro, tivemos diferentes actividades: O alumnado de infantil e primaria fixo un mural “SE CHE MARCOU…MARCAO” onde escribiron ou debuxaron algo sobre un libro que lles deixou pegada.  Na hora de ler estiveron acompañados polos alumnos voluntarios da biblioteca da ESO que foron polas clases a ler contos.

Houbo un “Obradoiro de Lettering e creación de marcapáxinas” dirixido por alumnas de 1º ESO.









O alumnado da ESO participou  tamén nun Obradoiro de iniciación ao xogo“.




sábado, 11 de abril de 2026

8 MARZ0 - Día Internacional da Muller

O 8 M na biblioteca do centro tivemos unha exposición de libros e cómics escritos por mulleres. O Departamento de Orientación do centro organizou tamén una exposición de fotografías realizadas polo alumnado de mulleres das súas familias en actividades tradicionalmente realizadas homes. 



ENTROIDO

 

Ademais do tradicional desfile do Entroido, tivemos un concurso de disfraces na ESO patrocinado pola ANPA, á que agradecemos a súa colaboración. Os participantes do concurso pasaron pola biblioteca para visitar a nosa mascota Enriqueta.







domingo, 11 de enero de 2026

25 N

ÁRBORE DA IGUALDADE

O 25N os alumnos do colexio adornaron unha árbore na entrada do colexio cos seus mensaxes contra a violencia de xénero.













 

SINATURAS ILUSTRES

Baixo o nome de "Sinaturas Ilustres" creamos un novo recuncho da nosa biblioteca onde están os libros asinados polos diferentes escritores e escritoras que visitaron o noso colexio.






DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Este curso o tema do PLAMBE é "A Ecoloxía" e para reciclar a decoración do curso pasado decidimos distrubuir o espazo da biblioteca en  dúas zonas unha adicada ao mar e outra a terra.