Hoxe, para celebrar o Día do Libro, tivemos
diferentes actividades: O alumnado de infantil e primaria fixo un mural “SE CHE
MARCOU…MARCAO” onde escribiron ou debuxaron algo sobre un libro que lles deixou
pegada. Na hora de ler estiveron
acompañados polos alumnos voluntarios da biblioteca da ESO que foron polas
clases a ler contos.
Houbo un “Obradoiro de Lettering e
creación de marcapáxinas” dirixido por alumnas de 1º ESO.
O alumnado da ESO participou tamén nun
Obradoiro de iniciación ao xogo“.







