ALZA A VOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Presentación do relato curto de Paula Rivas de 3º ESO "As veces non vai todo tan ben como se conta", premiado polo concello de Pazos o curso pasado e posterior debate sobre a violencia de xénero.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
ALZA A VOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Presentación do relato curto de Paula Rivas de 3º ESO "As veces non vai todo tan ben como se conta", premiado polo concello de Pazos o curso pasado e posterior debate sobre a violencia de xénero.
SAMAÍN DE CINE
Nesta
xornada, o equipo da biblioteca organizará unha sesión de cine de temática de
Samaín. O colexio será un cine con diferentes salas coa súa carteleira e
entradas e os alumnos decidirán que película verán. Haberá un concurso de “sobremesas
terroríficas” en colaboración co departamento de inglés e unha exposición de
cabazas para os máis pequenos.
Primeira visita deste ano da autora Érica Esmorís.
Veu falar connosco do seu libro Patio de luces. Moi recomendado para nenxs de 7 anos en adiante.
Un libro que fala dos prexuízos, da importancia dunha comunidade, de formas de vida diferentes...
Grazas Érica por compartir este rato na nosa biblioteca.
Apertas.
Árbore Sabia.
Este ano todo o centro involucrouse para unha boa acción: unha carreira solidaria, para donar cartos a Save the Children. A donación foi un éxito, e o día moi bonito.
Viñeron uns compis novos do colexio CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes. O noso concello veciño.
Fixemos varias actividades: desde un mural, a unha busca do tesouro para conseguir os nosos dorsais para a carreira, e despois unha chocolatad amenizada por varias actuacións.
A carreira, parece mentira, pero por uns retrasos nos horarios, non se puido facer. Iso sí, fixemos a nosa pequena caminata para chegar a comer o tan prezado chocolate con rosca que nos tiña a ANPA preparado na cultural.
Grazas a todxs polas donacións e por facer este día diferente.
Aquí deixamos uns enlaces duns traballos estupendos realizados polo alumnado de 6º de primaria, sobre o noso proxecto de Pazos e a súa contorna.
É difícil sacar tempo para o proxecto, pero estes rapaces e rapazas fixérono moi ben para guiarnos por diferentes zonas de Pazos de Borbén.
Pazos é un municipio con moita beleza, fauna, flora, rutas, puntos de interese, igrexas con historia, bares, festas, lendas...
Aconsellamos a todo o mundo que vexa estes vídeos, porque aínda que coñezas a zona, estamos seguros que descubrirás algunhas novas.
Grazas por visitar o noso blog.
Podes deixar os comentarios que desexes.
Árbore Sabia.