Aquí deixamos uns enlaces duns traballos estupendos realizados polo alumnado de 6º de primaria, sobre o noso proxecto de Pazos e a súa contorna.
É difícil sacar tempo para o proxecto, pero estes rapaces e rapazas fixérono moi ben para guiarnos por diferentes zonas de Pazos de Borbén.
Pazos é un municipio con moita beleza, fauna, flora, rutas, puntos de interese, igrexas con historia, bares, festas, lendas...
Aconsellamos a todo o mundo que vexa estes vídeos, porque aínda que coñezas a zona, estamos seguros que descubrirás algunhas novas.
Grazas por visitar o noso blog.
Podes deixar os comentarios que desexes.
Árbore Sabia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario