Comezamos a xornada cunha yincana na que colaborou case todo o profesorado para dar a coñecer a importancia do papel da muller nos distintos ámbitos. O equipo da biblioteca elixiu a Enheduanna, primeira persoa da historia que asinou a súa obra literaria.
Tivemos máis actividades como a carreira
da muller (coas camisetas que aportou o Concello de Pazos de Borbén, e que a
ANPA colaborou na xestión) e a proxección de películas para reforzar a defensa
da igualdade entre homes e mulleres.
Traballamos tamén nas aulas o tema da
igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario