Este ano, dende o Equipo de Biblioteca, propuxemos a seguinte actividade polo 8 M:
Poñer unha foto dunha das mulleres da súa familia, que xa non estean, ou que sexan moi maiores.
E contar algo sobre elas debaixo. Así saberiamos moito máis sobre as nosas raíces. E o moi traballadoras que foron todas elas. Sacando as súas casas adiante e ás súas familias.
Foi unha actividade que se levou a cabo na maioría das asambleas do cole, e foi moi emotiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario