Por fin!
Por fin podemos dicir que a Biblioteca Árbore Sabia do CPI Curros Enríquez, levou a cabo o seu primeiro Clube de Lectura coas familias.
Custou debido ao Covid, pero conseguimos facelo.
Falamos do libro "O que sei do silencio", de Andrea Maceiras. O libro recomendado para o alumnado da ESO.
Tamén tomamos café e rosquillas e fixemos unha das técnicas do traballo restaurativo. (Que estamos a poñer en marcha este curso no cole).
Un libro moi recomendado, que trata sobre o bullying, e remove a calquera persoa. Xa que fala de todas as partes implicadas nestes procesos.
GRAZAS as nais, neste caso, que participastes. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario