25N: DÍA MUNDIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Todo o alumnado fixo actividades relacionadas con este día.
Dende a biblio contouse o motivo de conmemorar o 25 de novembro este día. Foi debido ás irmás Mirabel, as chamadas "bolboretas".
Pegamos bolboretas moradas por distintas partes do centro. Contamos a historia das irmás Mirabel nas distintas aulas.
Tamén a coordinadora da biblio deu unhas charlas na E.S.O. e en 6º de primaria sobre a violencia de xénero.
O Departamento de orientación xunto coas titorías e todo o centro, decorou cunhas frases para dar visibilidade a esta problemática, as escaleiras principais de todo o colexio.
Foi unha semana moi completa.
Cremos que é importantísimo traballar dende ben cedo estes aspectos, e somos grandes defensores da non violencia.
Árbore Sabia.
Pd: 1.133 víctimas mortais por Violencia de Xénero dende o 1 de xaneiro de 2003, ata o día de hoxe.
Son demasiadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario