Disfrutade moito das vacacións.
O equipo da biblio.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
Disfrutade moito das vacacións.
O equipo da biblio.
Ola a todxs!
Este pasado venres, tivemos a sorte de contar coa colaboración do alumnado de 6⁰ para axudarnos coa organización da Biblio e de paso repasar a orde alfabética ;)
Queda un pequeno empurrón, para poder abrila con todas as novidades. 💪💪
Grazas rapaces pola vosa axuda!
Ola!
Despois de recibir o Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), decidimos renovar ata á mascota da Biblio.
Pedimos o ano pasado aos alumnxs que foran elas e eles os que a inventaran.
E este curso, desvelouse á gañadora.
Foi Olalla Domínguez, de 4º de E.S.O.
"ÁRBORE SABIA"
Queremos presentárvola:
Despois de expurgar a nosa Biblio, queremos seguir dándolle vida a estes libros. A partir de mañá xs alumnxs e persoal docente e non docente, poden pasar por aquí e coller o que desexe.
Ola!
Hoxe celébrase o día internacional contra a violencia machista.
Entre o Departamento de Orientación e o Equipo da biblioteca, fixemos unha selección de libros para poder traballar este tema, e outros.
Son lecturas moi recomendadas e moi necesarias, e hai para todas as idades.
Tamén podedes aproveitar para aumentar a vosa biblioteca de casa collendo algunha destas propostas.
Un saúdo.
Equipo de biblio.
Ola!
Este ano aproveitamos para renovar libros que xa estaban moi estropeados e tamén para mercar novidades.
Estes son todos os contos para @s nen@s de Educación Infantil. Que seguro disfrutarán durante os ratiños de lectura nas súas biblios de aula.
Saúdos.
Equipo Biblio.