Este curso o tema do PLAMBE é "A Ecoloxía" e para reciclar a decoración do curso pasado decidimos distrubuir o espazo da biblioteca en dúas zonas unha adicada ao mar e outra a terra.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
domingo, 11 de enero de 2026
martes, 21 de octubre de 2025
INAUGURACIÓN CURSO 2025-2026
CURSO 2025-2026
INAUGURACIÓN
O luns pasado inauguramos a nosa biblioteca. Enriqueta, a nosa mascota, visitou aos alumnos de infantil e primaria para invitálos a súa inauguración.
sábado, 17 de mayo de 2025
17 MAIO - Letras Galegas
Este ano para celebrar o Día das
Letras Galegas fixemos diferentes actividades. En primaria o alumnado disfrutou
de actividades nas que a musica e o mar ían da man. Por unha parte
fixeron unha búsqueda de pistas polo patio a través da Ruta dos faros de
Galicia.
Tamén crearon unha cantiga para o cole e anotaron a cantiga nun caligrama con temática do mar que xa decora o corredor principal.
23 ABRIL Día do Libro
Hoxe, no Día do Libro, o alumnado de 3º
ata 6º de primaria tivo a oportunidade de escoitar os relatos de Soledad
Felloza, os cales acercaban á rapazada á figura de Castelao. Este ano cúmprense
75 anos do pasamento deste escritor, polo que foi declarado o ano 2025 o ANO DE
CASTELAO. Agradecemos a Bibliopazos a súa implicación na organización da
actividade.
martes, 25 de marzo de 2025
ENTROIDO
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO
Hoxe na biblioteca a presidenta da ANPA fíxo
a entrega dos premios do concurso de Entroido da ESO. Noraboa a todos! E, por
suposto, moitas grazas á ANPA pola súa colaboración.
Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces nun desfile. Os disfraces de infantil e de primaria estaban relacionados co PLAMBE “O mar”, e disfrazaronse de estrelas do mar, cangrexos, mariñeiros, piratas, medusas,…
Ademais do desfile, tivemos un concurso de
disfraces na ESO patrocinado pola
ANPA á que agradecemos a súa colaboración.
Esta semana pasada a ANPA entregou un agasallo aos alumnos da ESO que participaron no concurso.
miércoles, 26 de febrero de 2025
Escape Room pirata “A Burla Negra”: Historia do último gran pirata do Atlántico.
Escape Room pirata “A Burla Negra”: Historia do último gran pirata do Atlántico.
A través
de distintas probas, o alumnado descubriu quen foi famoso pirata galego Benito Soto, a súa
vida e as súas incribles aventuras. Pasámolo
realmente ben e, como non, conseguimos o reto.


.jpg)


















