benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

miércoles, 8 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 


Familias!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, contamos coa vosa participación para que nos enviedes as vosas fotiños facendo ou degustando un delicioso CALDO DE GLORIA.

LEMBRADE:
 Podedes enviar as fotos a través dxs nenxs cun PENDRIVE ou mandala ao correo:
lucianprimaria@cpicurrosenriquez.com

A data límite para envialas é o 23 de febreiro.


GRAZAS E QUE APROVEITE!!



DÍA DA PAZ

 



(Mural de rapacxs de infantil e primaria, países en conflicto 2023)



Este ano todo o centro involucrouse para unha boa acción: unha carreira solidaria, para donar cartos a Save the Children. A donación foi un éxito, e o día moi bonito.

Viñeron uns compis novos do colexio CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes. O noso concello veciño.

Fixemos varias actividades: desde un mural, a unha busca do tesouro para conseguir os nosos dorsais para a carreira, e despois unha chocolatad amenizada por varias actuacións.


A carreira, parece mentira, pero por uns retrasos nos horarios, non se puido facer. Iso sí, fixemos a nosa pequena caminata para chegar a comer o tan prezado chocolate con rosca que nos tiña a ANPA preparado na cultural.


Grazas a todxs polas donacións e por facer este día diferente.











Árbore Sabia




Alumnado de 6º de primaria

 




Aquí deixamos uns enlaces duns traballos estupendos realizados polo alumnado de 6º de primaria, sobre o noso proxecto de Pazos e a súa contorna.


É difícil sacar tempo para o proxecto, pero estes rapaces e rapazas fixérono moi ben para guiarnos por diferentes zonas de Pazos de Borbén. 

Pazos é un municipio con moita beleza, fauna, flora, rutas, puntos de interese, igrexas con historia, bares, festas, lendas...

Aconsellamos a todo o mundo que vexa estes vídeos, porque aínda que coñezas a zona, estamos seguros que descubrirás algunhas novas.


Pazos en xeral


Cepeda


Borbén



Grazas por visitar o noso blog. 

Podes deixar os comentarios que desexes.


                                                                                                                                    Árbore Sabia.