benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

domingo, 11 de enero de 2026

25 N

ÁRBORE DA IGUALDADE

O 25N os alumnos do colexio adornaron unha árbore na entrada do colexio cos seus mensaxes contra a violencia de xénero.













 

SINATURAS ILUSTRES

Baixo o nome de "Sinaturas Ilustres" creamos un novo recuncho da nosa biblioteca onde están os libros asinados polos diferentes escritores e escritoras que visitaron o noso colexio.






DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Este curso o tema do PLAMBE é "A Ecoloxía" e para reciclar a decoración do curso pasado decidimos distrubuir o espazo da biblioteca en  dúas zonas unha adicada ao mar e outra a terra.