benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

martes, 21 de octubre de 2025

INAUGURACIÓN CURSO 2025-2026

CURSO 2025-2026

INAUGURACIÓN

O luns pasado inauguramos a nosa biblioteca. Enriqueta, a nosa mascota,  visitou aos alumnos de infantil e primaria para invitálos a súa inauguración.



O tema que traballaremos este ano no PLAMBE  é  "A Ecoloxía", leeremos libros, contaremos historias e faremos moitas actividades relacionadas co medio ambiente, pero o primeiro é decorar a nosa biblioteca coa colaboración de todos.