benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

martes, 25 de marzo de 2025

ENTROIDO

 

Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces nun desfile. Os disfraces de infantil e de primaria estaban relacionados co PLAMBE “O mar”,  e disfrazaronse de estrelas do mar, cangrexos,  mariñeiros, piratas, medusas,… 





Ademais do desfile, tivemos un concurso de disfraces na ESO patrocinado pola

ANPA á que agradecemos a súa colaboración.



Esta semana pasada a ANPA entregou un agasallo aos alumnos da ESO que participaron no concurso.