benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

sábado, 17 de mayo de 2025

17 MAIO - Letras Galegas

 

Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos diferentes actividades. En primaria o alumnado disfrutou de actividades nas que a musica e o mar ían da man. Por unha parte fixeron unha búsqueda de pistas polo patio a través da Ruta dos faros de Galicia.


Tamén crearon unha cantiga para o cole e anotaron a cantiga nun caligrama con temática do mar que xa decora o corredor principal. 



23 ABRIL Día do Libro

 

Hoxe, no Día do Libro, o alumnado de 3º ata 6º de primaria tivo a oportunidade de escoitar os relatos de Soledad Felloza, os cales acercaban á rapazada á figura de Castelao. Este ano cúmprense 75 anos do pasamento deste escritor, polo que foi declarado o ano 2025 o ANO DE CASTELAO. Agradecemos a Bibliopazos a súa implicación na organización da actividade.



8 MARZ0 Día Internacional da Muller

 


martes, 25 de marzo de 2025

ENTROIDO

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO

Hoxe na biblioteca a presidenta da ANPA fíxo a entrega dos premios do concurso de Entroido da ESO. Noraboa a todos! E, por suposto, moitas grazas á ANPA pola súa colaboración.




Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces nun desfile. Os disfraces de infantil e de primaria estaban relacionados co PLAMBE “O mar”,  e disfrazaronse de estrelas do mar, cangrexos,  mariñeiros, piratas, medusas,… 





Ademais do desfile, tivemos un concurso de disfraces na ESO patrocinado pola

ANPA á que agradecemos a súa colaboración.



Esta semana pasada a ANPA entregou un agasallo aos alumnos da ESO que participaron no concurso. 










 

miércoles, 26 de febrero de 2025

Escape Room pirata “A Burla Negra”: Historia do último gran pirata do Atlántico.

 

Escape Room pirata “A Burla Negra”: Historia do último gran pirata do Atlántico. 

A través  de distintas probas, o alumnado descubriu  quen foi famoso pirata galego Benito Soto, a súa vida  e as súas incribles aventuras. Pasámolo realmente ben e, como non, conseguimos o reto.



jueves, 16 de enero de 2025

MERCADO DE NADAL

 O último día de clase, como o curso pasado, no patio do colexio o equipo da biblioteca coa colaboración da AMPA organizou un  mercadillo navideño de cousas usadas (xoguetes, adornos, libros, roupa, bolsos, mochilas, xoias, etc.), sobremesas e manualidades feitas polos alumnos e chocolate con rosca.