Para rematar a semana do libro presentamos o noso “BOOKCROSSING”.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
Para rematar a semana do libro presentamos o noso “BOOKCROSSING”.
Hoxe é o Día Internacional do Libro! Unha cita moi simbólica na que traemos un divertido xogo de escapismo e un vídeo cheo de curiosidades sobre libros e autores famosos e un gran número de cousas interesantes que seguro que descoñecíades.
Ademais, os nosos alumnos, no recreo na biblioteca puideron escoller un agasallo para levar a casa ou un libro,
un marcapáxinas ou unha rosa.
O venres os nenos e nenas de 1 e 2 tivemos a sorte de poder vivir en primeira persoa como nace e como vai crecendo unha historia como foi no caso de Meigas Fóra e Miñoca. Gracias a Ramon D. Veiga por ese ratiño tan agradable xuntos e por achegarte a ver o noso traballo que os nenos e nenas de 2 fixemos con tanto cariño!