benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

miércoles, 27 de noviembre de 2024

25 N - UN MAR DE IGUALDADE

 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Baixo o lema UN MAR DE IGUALDADE o alumnado do colexio estivo realizando diferentes actividades encamiñadas á concienciación da eliminación da violencia de xénero e despois de reflexionar sobre o tema debuxaron botellas cos seus mensaxes e os colocaron nos murais do colexio.

 


O alumnado de ESO nas titorías leeron e traballaron co libro “No me cuentes cuentos” no que se describen situacións de violencia contra a muller e dirixoron as súas mensaxes da botella á víctima ou ao agresor.




miércoles, 20 de noviembre de 2024

PLAMBE Animacións mariñas. Digicraft

 

PLAMBE Animacións  mariñas . Digicraft

O alumnado de 6°, crearon as súas propias animacións.

Coa aplicación Piskel, confeccionaron 8 fotogramas, puxéronlle o fondo e...Voila!!

Aquí tedes as seas marabillosas animacións.




jueves, 17 de octubre de 2024

OBRADOIRO DE PINS

Hoxe inauguramos a nosa biblioteca con diferentes obradoiros de pins, Nestes obradoiros os nenos puideron debuxar e deseñar os seus propios pins de Enriqueta.






miércoles, 9 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN DE ENRIQUETA NO COLE

 

Hoxe Enriqueta, a nova mascota da nosa biblioteca, presentouse aos alumnos e percorreu as aulas do colexio.











sábado, 25 de mayo de 2024

PEPA MARTIN NA NOSA BIBLIO

 

Este venres tivemos na biblioteca actividades de animación á lectura para o alumnado de Infantil e Primaria organizadas pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén a cargo de Pepa Martín.










PERO....QUEN É ENRIQUETA?

 













sábado, 11 de mayo de 2024

DÍA DO CÓMIC

 O venres 10 de maio celebramos no colexio o “Día do Cómic" Na biblioteca no recreo tivemos un taller de ilustración, viñetas para facer cómics e marcapáxinas e cómics de agasallo.






Os nenos e nenas de 2º tiveron unha mañá na que a froita foi a protagonista. Aproveitando que estabamos no día do cómic e creamos historias con froitas que quedaron no noso pasillo para quen os queira ver.










viernes, 10 de mayo de 2024

QUEN É ENRIQUETA?

 

Esta semana apareceron na escola uns misteriosos carteis sobre unha tal Enriqueta. 



Hai quen di que Enriqueta vai vir a vivir ao colexio… Pero quen é Enriqueta?

viernes, 26 de abril de 2024

BOOKCROSSING

 

Para rematar a semana do libro presentamos o noso “BOOKCROSSING”.


Hoxe estreamos a caixa de INTERCAMBIO DE LIBROS no colexio. Esta actividade coñecida como “Bookcrossing” consiste en intercambiar un libro xa lido por outro e así poder gozar de historias apaixonantes, fomentando a lectura e a socialización, así como diferentes valores, xa que compartir un libro é unha iniciativa positiva que mostra xenerosidade, colaboración e compañeirismo.







lunes, 22 de abril de 2024

DIA DO LIBRO - 23 de abril

 


Hoxe é o Día Internacional do Libro! Unha cita moi simbólica na que traemos un divertido xogo de escapismo e un vídeo cheo de curiosidades sobre libros e autores famosos e un gran número de cousas interesantes que seguro que descoñecíades.


ESCAPE GAME

Xogo de escapismo. E ti poderás saír?







Ademais, os nosos alumnos, no recreo na biblioteca  puideron escoller un agasallo para levar  a casa ou un libro,  un marcapáxinas  ou unha rosa.













 O venres os nenos e nenas de 1 e 2 tivemos a sorte de poder vivir en primeira persoa como nace e como vai crecendo unha historia como foi no caso de Meigas Fóra e Miñoca. Gracias a Ramon D. Veiga por ese ratiño tan agradable xuntos e por achegarte a ver o noso traballo que os nenos e nenas de 2 fixemos con tanto cariño!

´







sábado, 23 de marzo de 2024

CONCURSO - RECOMÉNDOCHE ESTE LIBRO

 

Xa temos gañadora do noso concurso  "Recomendoche este libro” Aitana  de 1º ESO A. Parabéns Aitana polo teu vídeo.




martes, 12 de marzo de 2024

8 MARZ0 Día Internacional da Muller

 Comezamos a xornada cunha yincana na que colaborou case todo o profesorado para dar a coñecer a importancia do papel da muller nos distintos ámbitos. O equipo da biblioteca elixiu a Enheduanna, primeira persoa da historia que asinou a súa obra literaria.




Tivemos máis actividades como a carreira da muller (coas camisetas que aportou o Concello de Pazos de Borbén, e que a ANPA colaborou na xestión) e a proxección de películas para reforzar a defensa da igualdade entre homes e mulleres.

Traballamos tamén nas aulas o tema da igualdade.