ÁRBORE DA IGUALDADE
O 25N os alumnos do colexio adornaron unha árbore na entrada do colexio cos seus mensaxes contra a violencia de xénero.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.
ÁRBORE DA IGUALDADE
O 25N os alumnos do colexio adornaron unha árbore na entrada do colexio cos seus mensaxes contra a violencia de xénero.
Este curso o tema do PLAMBE é "A Ecoloxía" e para reciclar a decoración do curso pasado decidimos distrubuir o espazo da biblioteca en dúas zonas unha adicada ao mar e outra a terra.
CURSO 2025-2026
INAUGURACIÓN
O luns pasado inauguramos a nosa biblioteca. Enriqueta, a nosa mascota, visitou aos alumnos de infantil e primaria para invitálos a súa inauguración.
Este ano para celebrar o Día das
Letras Galegas fixemos diferentes actividades. En primaria o alumnado disfrutou
de actividades nas que a musica e o mar ían da man. Por unha parte
fixeron unha búsqueda de pistas polo patio a través da Ruta dos faros de
Galicia.
Tamén crearon unha cantiga para o cole e anotaron a cantiga nun caligrama con temática do mar que xa decora o corredor principal.
Hoxe, no Día do Libro, o alumnado de 3º
ata 6º de primaria tivo a oportunidade de escoitar os relatos de Soledad
Felloza, os cales acercaban á rapazada á figura de Castelao. Este ano cúmprense
75 anos do pasamento deste escritor, polo que foi declarado o ano 2025 o ANO DE
CASTELAO. Agradecemos a Bibliopazos a súa implicación na organización da
actividade.