benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Con este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e co resto da comunidade educativa. Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca.

jueves, 22 de febrero de 2024

PLAMBE: XOGOS MUSICAIS

Montemos un grupo de música!!

Ao alumnado de 5° encántalle bailar e xogar a que somos un grupo de música  incrible. Por iso decidimos, primeiro, facer os nosos instrumentos  con material  reciclado,


Pero claro,  dímonos conta que non soaban. Por iso, utilizando placas Makey Makey fotos capaces de ...Facer maxia!!  E ágora sí que somos un grupo de música súper molón.















miércoles, 21 de febrero de 2024

ENTROIDO - PLAMBE

 Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces relacionados co PLAMBE “Os xogos”. Os alumnos de infantil e de primaria  disfrazaronse de dianas, fichas de lego, do xogo do tragabolas e do xogo “Adiviña quen son”.  


Ademáis do desfile, tivemos una charla e unha exhibición dos traxes e bailes de Cobres  onde os monecos feitos polos profes de infantil e primaria estiveron presentes.


A biblioteca do centro xunto coa AMPA do centro organizou un concurso de disfraces relacionados co tema do PLAMBE "Os xogos". Os premios foron patrocinados pola AMPA  nas categorias "individual", "parella" e "grupo".


Agradecemos a AMPA a implicación nesta actividade, e tamén ao Concello de Pazos de Borbén polo agasallo que recibiron todos os alumnos do centro.








PLAMBE: Xogos Papirofléxicos


Ao alumnado de 6°, encántanos a papiroflexia. Estivemos facendo varios  animais: baleas,  cans, coellos, porcos, gatos,...Quedaronnos súper chulos!! Por eso decidimos facer videotitoriais, para que os peques e menos peques, podades  facelo tamén.

Primero gravamos á inversa cunha cámara  web utilizando unha ferramenta online  Webcamera.io. A continuación, escollemos unha canción, respectando  os dereitos de autor, na páxina web Free Music  Archives. Despois  utilizamos  a ferramenta Clideo,  para invertir os nosos vídeos. E por último, engadimos  algo de texto e o audio  ao noso  vídeo. 

Aquí tedes  algúns. A practicar!!





MOCHILAS VIAXEIRAS

 Xa están en marcha as Mochilas Viaxeiras no colexio. Os alumnos desde infantil a primaria levarán para casa durante unha semana unha mochila cunha serie de libros, xogos e materiais elixidos polas titoras para que disfruten.

Xa podes ver as mochilas viaxeiras do curso pasado na entrada da biblioteca.








PLAMBE: Xogos de programación con material reciclado.

 Xogos de programación  con material reciclado.

Na clase  de 5° temos un xogo de programación moi divertido. O malo é, que as fichas non nos gustan. E preguntándonos, que se utiliza para programar? Pois claro...ROBOTS.

Puxémonos ao obra. Cada grupo investigou que tipo de robot ía construir: de exploración, aéreo, doméstico, de vigilancia, ... E fixemos uns robots chulísimos


E como xa tiñamos  fichas, puxémonos a xogar.





PLAMBE: Os xogos

 Hoxe en 6 E.P. íamos xogar a uns minixogos moi divertidos, pero os nosos personaxes desapareceron. Por iso, utilizando unha tableta gráfica, tivemos  que crealos, utilizando unha ferramenta  en liña  chamada  Sumopaint.


















MERCADO DE NADAL

 

O último día de clase no patio do colexio o equipo da biblioteca coa colaboración da AMPA organizou un alegre mercadillo navideño de cousas usadas (xoguetes, adornos, libros, roupa, bolsos, mochilas, xoias, etc.), manualidades feitas polos alumnos e chocolate con rosca. Os beneficios foron destinados a axudar aos alumnos a financiar as excursións.


Ese mesmo día a biblioteca do centro organizou tamén unha xornada de xogos de mesa e un escape-room navideño. Os alumnos puideron escoller a actividade ou xogo que preferían.







PLAMBE - A CASA ROMANA

 

A CASA ROMANA 

Os alumnos de Latín de 4° ESO estudan a casa romana e constrúen con Lego a vila de Caecilius Iucundus, que visitaron en Pompeia na viaxe de fin de curso 22/23. Na biblioteca explican a casa romana aos alumnos de primaria.





SEMANA DA DISCAPACIDADE

Charla na biblioteca para primaria e secundaria. Con motivo do Día da Discapacidade que se celebra o 3 de decembro e gracias a ANPA contamos coa presencia de Iván Pombo, un mozo que tras unha charla na biblioteca fixo unha demostración de cómo é xogar ao Ping Pong dende unha cadeira de rodas. Os noso nenos e nenas poderon comprobalo por eles mesmos pois contaron cunha cadeira para facelo. 














25 N Día Internacional contra a violencia de xénero

   ALZA A VOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Presentación do relato curto de Paula Rivas de 3º ESO "As veces non vai todo tan ben como se conta", premiado polo concello de Pazos o curso pasado e posterior debate sobre a violencia de xénero.




SAMAÍN

 SAMAÍN  DE CINE


Nesta xornada, o equipo da biblioteca organizará unha sesión de cine de temática de Samaín. O colexio será un cine con diferentes salas coa súa carteleira e entradas e os alumnos decidirán que película verán. Haberá un concurso de “sobremesas terroríficas” en colaboración co departamento de inglés e unha exposición de cabazas para os máis pequenos.















INAUGURACIÓN CURSO 2023-2024

 

CURSO 2023-2024 - INAUGURACIÓN  



O día 5 de outubro abrimos as portas da nosa biblioteca coa nova decoración.